segunda-feira, setembro 11, 2006

3 dos escultores que participam neste Simpósio Internacional de Escultura estiveram recentemente juntos em Espanha

Manuel Patinha, Paco Pestaña e Paulo Neves, 3 dos escultores que estão a participar no Simpósio Internacional de Escultura que está a decorrer no Município de Vinhais, em Portugal, estiveram recentemente (de 23 de Maio a 9 de Junho) juntos no I Simpósio Internacional de Escultura que decorreu nos Paços de Mariñam, na Corunha, Espanha, conforme notícia publicada:

"Os Paços de Mariñam da Corunha coverteram-se na capital da escultura portuguesa"
Notícia no Falcão do Minho, Quinta, 29 de Junho de 2006

"Pela primeira vez os Paços de Mariñam coverteram-se, de 23 de maio a 9 de Junho, num museu da escultura ao ar livre, na sequência das celebrações do I Simpósio Internacional de Escultura, no qual participaram os escultores portugueses Manuel Patinha, Isaque Pinheiro, Paulo Neves, o alemão Volker e o espanhol Paco Pestaña.
Os cinco escultores apresentaram diferentes esculturas em perfeita simbiose com o ambiente envolvente.
O presidente da deputação da Corunha, Salvador Fernandez Moreda e o responsável Celestino Poza constatar o êxito desta “iniciativa pioneira em toda a Galiza e que terá a partir de agora, carácter internacional”.
Em declarações a este jornal, os artistas lusos destacaram “a honra de terem participado neste primeiro simpósio internacional, salientando a importãncia dos seus trabalhos serem vistos por centenas de corunhenses”.
Isaque Pinheiro utilizou uma enorme peça de 12 toneladas de mármore para criar a sua obra “Silêncio”. Manuel Patinha jogou com metais para fazer uma simbologia da água, enquanto que Paulo Neves deu á sua obra o título “A Roda”, uma escultura que quer representar o movimento da vida."

Notícia relativa ao mesmo assunto foi publicada no jornal Galicia-Hoxe.com

Mariñán inaugura o seu xardín das esculturas
Conclúe o simposio organizado pola Deputación coa mostra dos traballos de Patinha, Pinheiro, Paulo Neves e Paco Pestana
ALBINO MALLO . A CORUÑA

A escultura emerxe da naturareza en Mariñán, pazo que dende onte se converteu nun museo da escultura ó aire libre como consecuencia da celebración do primeiro simposio internacional que sobre esta expresión artística organizou a Deputación da Coruña, coa participación dos artistas Paco Pestana, de Lugo; os portugueses Manuel Pathina, Isaque Pinheiro e Paulo Neves e o alemán Volker Schütteng.
Os cinco realizaron outros tantos conxuntos escultóricos, en perfecta simbiose co contorno no que definitivamente quedaron situadas. O presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda e o responsable da área de Cultura, Celestino Poza Domínguez, visitaron onte, coincidindo coa clausura do encontro, este espazo de creación artística e constataron o éxito "dunha iniciativa pioneira, que non ten antecedentes en Galicia", segundo expresou Fernández Moreda.
Isaque Pinheiro utilizou unha enorme peza de doce toneladas de mármore, para crear a súa obra Silecio explicando que "o home tirou o bloque de mármore do lugar que este ocupaba, na grande escultura nai (o planeta Terra). Unha vez que o home foi responsable por este acto, eu esculpín o bloque dándolle características humanas".
Paco Pestana, que denomina Eu teño paisao pelas murixocas, define como un escultor "que mestura as suxestións do instinto coas estratexias da reflexión. Cheguei a Mariñán cun proxecto único e ó enchouparme na paixase e ese contorno próximo a una ínsula Barataria deixei que a mal chamada inspiración me ditara con persistente contumacia os seus servizos. E así, as miñas árbores de Castroverde "amariñáronse" e en vez dunha escultura saíronme tres.
O creador luso, afincado en Ferrol dende hai anos, Manuel Patinha, xoga cos metais para facer unha simboloxía da agua, e titula a súa obra Ánfora gardiá da auga e dos sons. Manifesta ó respecto que "sobre o ceo de Mariñán, cambiantes luces cheas de diversas formas de entender o seu contorno, baixan e soben; esténdense en tódalas direccións e todas elas sorrín para confluír nun grande abrazo natural.
Mentres o escultor alemán Volker Schnüttgen titula a súa composición de catro bloques de granito en forma de escaleira Alla long the WATCHOWER, o portugués Paulo Neves titulou A roda unha escultura que, dixo, "quere representar o movemento da vida, e a cabeza que xorde do seu interior, unha parte de nos que camiña cara a atrás. Ó longo da vida imos perdendo persoas queridas, grandes e pequenos amores. A pesar disto imos camiñando polas sendas do destino".

e ainda uma outra notícia na Deputacion da Coruña:

I Simposio Internacional de Escultura en Mariñán
A escultura emerxe da natureza no Pazo de Mariñán
27/05/2006

A escultura emerxe da natureza en Mariñán con motivo da celebración do primeiro simposio internacional que sobre esta expresión artística que, baixo a organización da Deputación da Coruña, se está a celebrar neste emblemático espazo natural de Bergondo, coa participación dos artistas Paco Pestana, Manuel Pathina, Isaque Pinheiro, Paulo Neves e Volker Schütteng.
Os cinco elaboran desde o pasado martes outros tantos conxuntos escultóricos, en perfecta simbiose co contorno no que quedarán definitivamente situadas. O responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Celestino Poza Domínguez, visitou esta mañá este espazo de creación artística, constatando el éxito do encontro, que ten o seu antecedente no seminario “Land Art” celebrado o ano pasado tamén no Pazo de Mariñán. Non é, non obstante, a primeira experiencia análoga para Paco Pestana, quen hai 25 anos xa participou nun encontro celebrado ao pé da muralla de Lugo, quen asegura sentirse influído “polo espazo do Pazo de Mariñán”. Traballando con castiñeiros de Castroverde, Pestana confeccionou tres grandes pezas con morfoloxía de fungos, con incrustacións feitas a lume. O resultado final será un “cántico á natureza", en expresión do seu autor, que ten moi claro onde se ha de situar o conxunto escultórico multicolor, decorado en azul cobalto, vermello, amarelo e negro.
Tamén o Pazo de Mariñán é fonte de inspiración para o Manuel Pathina, quen acudiu á metáfora para facer unha alegación da importancia da auga. Elabora unha grande ánfora en aceiro, de catro metros de altura e dous de diámetro. O granito é o material utilizado polo escultor alemán Volver Schüttgen, que entende a súa obra como “unha escultura participativa”, como un “balcón” aberto á ría de Betanzos. “Unha peza –segundo o seu autor- integrado na paisaxe como unha moldura da propia paisaxe”. Unha enorme peza de 10 toneladas de granito constitúe o reto artístico do portugués Isaque Pinheiro, que confecciona unha escultura con forma de cabeza. “Un anaco de planete –di- que está a escoitar nun contorno tan singular como o Pazo de Mariñán. Dous enormes pavillóns auditivos sobresaen sobre o conxunto do bloque de mármore, mentres o espectador pode contemplar as liñas que sobre a pedra fan intuír un rostro humano. Un orificio que comunica ambos os dous lados do cubo permite xogar cos sons.
O seu compatriota, Paulo Neves traballa tamén co mármore, aínda que nesta ocasión trátase de dúas pezas que pesan nada menos que 6 toneladas. “É a representación simbólica dunhas pegadas, cuxas liñas o autor cicelou con esmero, deixando ver as numerosas arestas do conxunto escultórico. No ecuador do encontro escultórico, moitas foron as persoas que visitaron o lugar. “O espazo está aberto ao público, subliña Celestino Poza, quen convida aos interesados a acudir a Mariñán para contemplar o traballo dos escultores. A experiencia foi compartida por escolares, alumnos de escolas de arte e de talleres de escultura.
As cinco esculturas estarán concluídas, e no seu destino final no Pazo de Mariñán, o 9 de xuño. A experiencia até o momento “foi moi interesante e satisfactoria”, asegura Celestino Poza, para quen este encontro é un acto máis de diálogo entre a arte e a natureza.

e ainda a notícia:

I Simposio Internacional de Escultura
O Pazo de Mariñán converterase na capital da escultura entre o 23 de maio e o 9 de xuño
18/05/2006

Os xardíns do pazo de Mariñán converteranse, entre o 23 de maio e o 9 de xuño, nun gran estudio de escultura, segundo avanzou esta mañá en rolda de prensa o deputado responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Celestino Poza, na presentación do I Simposio Internacional de Escultura, acto no que estivo acompañado polo coordinador do certame, Manuel Gandullo, e polos escultores Manuel Patinha e Paco Pestana.
Poza destacou que a institución provincial “trata de converter o magnífico escenario que é este pazo coruñés nun lugar de creatividade e de encontro entre artistas” e congratulouse de que o apoio e o importante labor de mecenazgo que desenvolve a Deputación, con encontros coma este, está a ser imitado xa por outras administracións.
O deputado provincial lembrou o éxito das convocatorias anteriores dos “Encontros coa Poesía e a Pintura” e dos “Encontros de Escritores” celebrados no pazo coruñés, así como do taller de land art celebrado o ano pasado, “iniciativa pioneira que foi o primeiro paso para a busca dun espazo en Mariñán adicado á escultura”. Avanzou ademáis que a celebración deste I Simposio Internacional de Escultura coincidirá tamén neste recinto cos “III Diálogos Literarios de Mariñán”.
No encontro participarán os artistas Isaque Pinheiro, Manuel Patinha, Paulo Neves, Paco Pestana e Volker Schüttgen, que recibirán durante os quince días de duración do evento as visitas de alumnos de numerosas escolas e institutos,das facultades de Belas Artes, escolas taller e centros de formación artística da provincia e de Galicia.
Poza destacou a “maior complexidade técnica” destas xornadas con respecto a outros encontros celebrados en Mariñán debido a que moitas das obras realizadas serán de grandes dimensións. Así, prevese a realización dunha escultura sobre un bloque de 12 toneladas de pedra e a creación doutra obra con máis de 4 metros de altura.
Pola súa banda, Manuel Patinha, un dos artistas participantes no evento, agradeceu o importante labor de promoción cultural que está a desenvolver a Deputación da Coruña e destacou a “gran calidade” dos artistas que van participar no evento do que considerou que será un proxecto que “despertará un grande interese”.
O escultor Paco Pestana, que non presentou maqueta da súa creación, anunciou que a súa obra será tamén de gran envergadura e realizada en madeira de castaño, pero que deixará que sexa o excepecional escenario dos xardíns de Mariñán “o que me dite o que teño que facer”. Segundo Pestana, coa celebración deste evento “ A Coruña contará con cinco pesos pesados da escultura a nivel internacional, que saberán estar á altura das circunstancias”.